|
CANALRIASBAIXAS emite dende marzo de 2006 'AgroNatura' un programa que profundiza no sector da horticultura e contribúe ao seu desenvolvemento e potenciación. Dada a importancia socioeconómica que a horticultura profesional ten nas comarcas da nosa área de influencia, o programa fai un seguemento completo do ciclo da horta. 'AgroNatura' amosa as técnicas de traballo, da man de especialistas e produtores profesionais, máis rendibles economicamente e máis interesantes, para conseguir produtos de calidade. Un referente informativo, en Canal Rías Baixas, destinado ao sector da horticultura onde os telespectadores atoparán as novidades e tendencias do presente e do futuro. EMISÍÓN: Os luns ás 22.45h redifusión: Os martes ás 14.30h e domingos ás 15.00h
|
|